VII Edición Data Science Talent Program do Banco Santander

UVigo - Emprego 24/02/2023

Imaxina o que poderías facer con 1500 Terabytes de información!

Desde as diferentes unidades de Data Analytics dentro do banco Santander o obxectivo é investigar e innovar para solucionar as necesidades financeiras da clientela. Os datos convértense en prácticas e innovadoras solucións grazas ao uso das tecnoloxías máis punteiras.

Como participante do programa terás a oportunidade de cursar un Máster remunerado en Big Data & Analytics no que aprenderás sobre Infraestruturas de Big Data, Data Analytics, Visualización de Datos e Machine Learning. Ademais, durante un ano formarás parte como estudante en prácticas nos Servizos Centrais de Madrid nunha das áreas que utilizan este tipo de ferramentas no Grupo Santander como Intelixencia Comercial e CRM, Riscos, Global Corporate Banking, Tecnoloxía e Control de Xestión.

Requisitos

 

  • Estudante de último curso con pouca carga lectiva ou recentemente graduado/a en Matemáticas, Estatística, Informática, Física ou Telecomunicacións. 
  • Valorarase tamén a formación de posgrao neste ámbito.
  • É importante ter un interese real en desenvolver a túa carreira como Data Scientist, este programa vai esixir de ti un esforzo considerable.
  • Dispoñibilidade de incorporación ao programa en Abril-Maio 2023.

Máis información e acceso á inscrición aquí.