YOEMPRENDO 2.0

UVigo - Emprego 20/07/2023

O obxectivo deste programa é orientar e fomentar a actividade laboral, emprendedora e profesional dos mozos e mozas de entre 14 e 35 anos.

Características

  • Datas: de setembro a decembro de 2023
  • Modalidade: online
  • Público obxectivo: mozos e mozas de entre 14 a 35 anos.
  • Inscrición: gratuíta

O programa YOEMPRENDO 2.0 consiste nunha formación de 80 horas a través da súa plataforma online con liberdade de conexión, entre setembro e decembro de 2023.

A formación dividirase nos seguintes bloques:

  • Marketing dixital (20 horas): a finalidade é obter o máximo proveito das novas tecnoloxías e o entorno dixital.
  • Como crear entidades de economía social? (20 horas): a formación enfócase en como crear empresas ou entidades relacionadas coa economía social: asociacións, cooperativas, sociedades laborais etc. 
  • Ecoemprendemento (20 horas): centrado na economía verde e sostible como un dos nichos de emprego con maior potencialidade de crecemento na actualidade. 
  • Empresari@s no mundo rural (20 horas): a formación parte dunha introdución xeral acerca do emprendemento e o perfil tipo de persoa emprendedora, expoñeranse as particularidades do medio rural, con especial mención ao emprendemento sostible, a innovación e o compromiso social.

O programa tamén consta de asesoramento en liña para o emprendemento: titorías personalizadas e adaptadas a cada proxecto e participante, durante as cales se ofrece un asesoramento completo as persoas interesadas en emprender, dende o desenvolvemento da idea e a elaboración do plan de empresa ata os trámites para a posta en marcha e a busca de financiaciamento e/ou subvencións.

Máis información e inscrición aquí.