Programa de Doutoramento en Láser, Fotónica e Visión pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Información administrativa

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Coordinación do título

Jose Ramon Salgueiro Piñeiro

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo

Código RUCT

    • Róbert Trényi

      Nome: Análise de protocolos criptográficos cuánticos con rendemento mellorado
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Marcos Curty Alonso

    • Margarida Amélia Freitas Pereira

      Nome: Seguridade da implementación dos sistemas de distribución cuántica de claves
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Marcos Curty Alonso

    • Álvaro Navarrete Rodríguez

      Nome: Cara á distribución cuántica de chaves segura e práctica
      Data de lectura:
      Directores:

      Marcos Curty Alonso

    • Eduardo Balvís Outeiriño

      Nome: Tecnoloxías fotónicas e modelos matemáticos para alumeado intelixente e eficiencia enerxética
      Data de lectura:
      Directores:

      Humberto Javier Michinel Álvarez,

    • Weilong Wang

      Nome: Análise da Seguridade dos Protocolos Criptográficos Cuánticos no réxime finito
      Data de lectura:
      Directores:

      Marcos Curty Alonso

    • Óscar Sampedro Limia

      Nome: Deseño de sensores fotónicos para monitorización remota de ecosistemas
      Data de lectura:
      Tese con mención internacional
      Directores:

      Jose Ramon Salgueiro Piñeiro

    Descrición

    A ciencia e a tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión é un ámbito do coñecemento cuxo obxectivo é o estudo da xeración, transmisión, detección, control e manipulación da luz. Dito estudo está orientado ao desenvolvemento de tecnoloxías con aplicacións de un alto interese en múltiples e dispares ámbitos socioeconómicos e sanitarios, que van dende as telecomunicacións, as ciencias da vida e a saúde, o medio ambiente, a metroloxía industrial, o ocio,... até as fronteiras científico-técnicas como a nanoóptica, o procesado e as comunicacións cuánticas, os metamateriais ópticos, etc. Abrangue por tanto dende o desenvolvemento de dispositivos que forman parte da vida cotiá até innovadoras investigacións que alcanzan as fronteiras do coñecemento científico. A evolución da ciencia e tecnoloxía óptica do Láser, a Fotónica e a Visión foi constante ó longo da historia acompañando o desenvolvemento de moitas outras disciplinas que contribuíron de forma directa ao progreso e á innovación. Na actualidade e de forma natural, a óptica compleméntase coa electrónica, a informática, a micromecánca, etc, dando lugar a unha miríada de aplicacións altamente especializadas (técnicas de metroloxía óptica industrial, instrumentacións bio-óptica, sensores ópticos medio-ambientais, telecomunicacións, corrección de defectos visuais, iluminación, etc) e a produtos de gran consumo (cámaras dixitais, proxectores, soportes ópticos de almacenamento, todo tipo de lentes oftálmicas, etc). En termos socio-políticos, o sector científico-técnico da ciencia e a tecnoloxía óptica e fotónica é de extrema importancia para os grandes retos do século XXI, e de feito as tecnoloxías fotónicas, son consideradas como tecnoloxías estratéxicas (KETs) pola Comisión Europea.

    Ano comezo impartición: 2013
    Data publicación no DOG:
    Data publicación no BOE:
    Prazas de novo ingreso: 5

    • Tecnoloxías de Láser e visión
    • Láser e fotónica

    O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

    Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

    A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.