Comité de ética de experimentación animal (CEEA)
O Comité ético de experimentación animal nace do compromiso da Universidade de Vigo de garantir a máxima preservación posible do benestar dos animais incluídos en proxectos de investigación
No mes de xullo de 2010, constituíuse o Comité ético de benestar animal (CEBA) que, o 18 de novembre de 2018, pasou a denominarse Comité ético de experimentación animal (CEEA). O 6 de outubro de 2016, designouse órgano habilitado pola Xunta de Galicia e ten delegada a función de avaliación no proceso de autorización de proxectos con animais desta institución.
- Acta de constitución (10 de setembro de 2010)
- Regulamento interno (aprobado o 21 de decembro de 2012)
Membros
Presidencia
- Isabel Manzano Rodríguez, responsable de Sanidade Animal, veterinaria.
Acreditación de funcións a, b, c, d, e, f
Secretaría
- Marina Peña Penabad, veterinaria designada do Servizo de Bioexperimentación (SB-UVI) e da ECIMAT.
Acreditación de funcións a, b, c, d, e, f
Vogais
- Jesús Míguez Miramontes
Profesor titular de universidade. Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
Acreditación de funcións b, c, d - Susana Magadán Mompó
Profesora titular de universidade interina. Área de inmunoloxía
Acreditación de funcións b, c - Lucas Carmelo González Matías
Profesor titular de universidade. Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
Acreditación de funcións b, c, d - José Manuel García Estévez, profesor titular de universidade. Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
Acreditación de funcións b, c, d - Raúl Iglesias Blanco, profesor titular de universidade. Parasitoloxía.
Acreditación de funcións b, c, d - Rosa Farto Seguín
Técnica responsable de benestar animal. ECIMAT.
Acreditación de funcións a, b, c, d, e
Descrición dos procedementos
Para a a autorización de procedementos de investigación ou de docencia que requiran experimentación animal na Universidade de Vigo, cómpre seguir os siguintes dous pasos de maneira consecutiva:
1. Solicitude ao Comité de ética de experimentación animal e órgano habilitado (CEEA-OH) da Universidade de Vigo
- Cubrir o formulario correspondente
- Solicitar a alta na aplicación informática Noraydocs de xestión do CEEA/OH, cubrir o formulario de datos de usuario e enviarllo por correo á secretaría do comité a través do seguinte enderezo secretariaceea@uvigo.gal
- Dar de alta a solicitude do proxecto na aplicación informática Noraydocs e engadir o arquivo co formulario correspondente.
- Cada mes, avaliaranse as solicitudes recibidas antes do día 15 do dito mes.
- O prazo de resolución será de 30 a 40 días hábiles.
- Terán prioridade de avaliación os proxectos de investigadores da Universidade de Vigo que se vaian realizar nas instalacións de la propia universidad.
- Como norma xeral, non se avaliarán proxectos de investigadores non pertencentes á Universidade de Vigo que non se vaian realizar nas instalacións da propia universidade.
- Para o resto dos casos, o comité resérvase o dereito a admitir ou a rexeitar a avaliación do proxecto. Antes de realizar o trámite de la solicitud, cómpre consultar o comité.
2. Solicitude de realización do proxecto á Xunta de Galicia
Remitiráselle á Consellería de Medio Rural a seguinte documentación, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante a Chave365 ou o certificado dixital.
- Formulario de solicitude de proxecto en liña
- Modelo de resumo non técnico (as indicacións para cubrilo están dispoñibles na seguinte guía)
- Visto bo do responsable administrativo do centro usuario onde se realizará a experimentación con animais
- Informes favorables do CEEA/OH
- Copia do formulario avaliado polo órgano habilitado (presentar a versión definitiva incluíndo as correccións suxeridas polo CEEA/OH)
- O prazo aproximado de resolución será de 40 a 55 días hábiles.
Saber máis
Lexislación de experimentación animal aplicable en Galicia
Lexislación europea
- Directiva 2010/63/UE que actualizou e substituíu a Directiva 86/609/CEE de 1986 sobre a protección dos animais utilizados para fins científicos
- Corrección de erros da Directiva 2010/63/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de setembro de 2010, relativa á protección dos animais utilizados para fins científicos
- Decisión de execución da Comisión, do 14 de novembro de 2012, pola que se establece un formato común para a presentación da información prevista na Directiva 2010/63/UE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á protección dos animais utilizados para fins científicos(DO L 320/33-17/11/2012)
- Decisión de execución da Comisión, do 20 de decembro de 2013, que corrixe o anexo II doa Decisión de execución 2012/707/UE, poa que se establece un formato común para a presentación da información prevista na Directiva 2010/63/UE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á protección dos animais utilizados para fins científicos (DO L 10/18-15/01/2014)
Lexislación española
- Real decreto 53/2013, do 1 de febreiro, polo que se establecen as normas básicas aplicables para a protección dos animais utilizados en experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia
- Orde ECC/566/2015, do 20 de marzo, pola que se establecen os requisitos de capacitación que debe cumprir o persoal que manexe animais utilizados, criados ou suministrados con fins de experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia
Lexislación galega
- Orde do 15 de setembro de 2006 pola que se crea o Comité de bioética da Consellería do Medio Rural. (DOG do 21 setembro)
- Decreto 296/2008, do 30 de decembro, de protección dos animais utilizados para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia, e polo que se crea o Rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios e a Comisión galega de benestar dos animais de experimentación (DOG do 16 de xaneiro)
Outra lexislación
- Lei 9/2003, do 25 de abril, pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente
- Real decreto 178/2004, do 30 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemiento e a execución da Lei 9/2003
- Corrección de erros do Real decreto 178/2004, do 30 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvimiento da execución e a Lei 9/2003
- Real Decreto 406/2021, do 8 de xuño, polo que se modifica o Real decreto 178/2004, do 30 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemiento e a execución da Lei 9/2003, do 25 de abril, pola que se establece o réxime xurídico da utilización confinada, liberación voluntaria e comercialización de organismos modificados xeneticamente
- Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio. (última actualización: 12/06/2013)
- Real decreto 664/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo
- Guías prácticas da Comisión Europea: preocupándonos dos animais cara a unha ciencia mellor. Directiva 2010/63/ EU sobre protección dos animais utilizados para fins científicos
- Órganos e comités nacionais de benestar animal
- Documento marco para a educación e a formación
- Inspeccións e execución
- Avaliación de proxectos e avaliación retrospectiva
- Documento marco para a avaliación de severidade
Responsabilidades do experimentador/a
Calquera investigador que utilice animais de experimentación ten que posuír a capacitación adecuada (nivel a, b, c, d, e ou f segundo a Orde ECC566/2015).
O persoal docente e investigador debe coñecer as características, o coidado e como se manipula a especie ou especies utilizadas, ademais de comprometerse a vixialas, respectalas e usalas eticamente.
En todo momento, os investigadores e os docentes deberán procurar o benestar dos animais, respectando estritamente a normativa e/ou as recomendacións oficiais existentes para o uso e a manipulación da especie obxecto da experimentación, con criterios adecuados á súa fisioloxía, comportamento e necesidades vitais.
Toda persoa que empregue animais con fins experimentais ou docentes debe ter presente que os animais están dotados de sensibilidade e de memoria, e que son susceptibles á dor e ao sufrimento.
O experimentador/a é legal e eticamente responsable dos seus actos no marco da experimentación ou da docencia.
Ten o deber de aforrarlle ao animal todo o sufrimento físico e psíquico inútil. Debe poñer en marcha os métodos que permitan limitar o sufrimento e as dores no caso ou casos que sexan inevitables.
Para que as investigacións teñan recoñecemento no ámbito internacional, fai falta que sexan fiables, comparables e reproducibles. É esencial que os investigadores/ as traballen cumprindo estritamente as normas de seguridade, hixiene e éticas.
As persoas responsables da experimentación deben informar ao CEEA sobre calquera contratempo relativo ao procedemento avaliado, que se produza durante o período de execución da actividade proposta. No desenvolvemento desta, o CEEA poderá, en calquera momento, solicitarlles aos investigadores principais un informe sobre a aplicación dos aspectos éticos recomendados.
Aconséllaselles a aqueles investigadores ou docentes que queiran realizar algún procedemento que implique experimentación con animais vertebrados que revisen o Real decreto 53/2013 (BOE do 8 de febreiro de 2013).
Declaración institucional sobre o uso de animais na experimentación
La Universidad de Vigo adheriuse ao Acordo de transparencia en experimentación animal,
promovido desde a Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE), coa colaboración da Asociación Europea para a Investigación Animal (EARA) e lanzado o 20 de setembro de 2016.
Somos conscientes de que a investigación animal xoga un papel fundamental no coñecemento dos mecanismos biolóxicos involucrados nas enfermidades e no desenvolvemento de tratamentos médicos. Sen o uso de animais, non dispoñeriamos da maioría das medicinas, antibióticos, vacúas e técnicas cirúrxicas aplicadas en medicina humana e veterinaria.
Unha parte do traballo científico realizado na Universidade de Vigo e que contribúe á mellora da vida das persoas é grazas á utilización de animais, por exemplo nos estudos de inmunoloxía, parasitoloxía, endocrinoloxía ou neurofisioloxía.
O benestar dos animais de experimentación é un tema fundamental para a Universidade de Vigo, así como o estrito respecto e o cumprimento da lexislación vixente sobre protección de animais empregados en experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia. O noso obxectivo é alcanzar os máis altos estándares de benestar animal, non soamente desde o punto de vista da responsabilidade moral sobre estes, senón tamén porque non se podería lograr ciencia de calidade sen benestar animal.
A nosa experimentación animal cumpre os estándares legais e é revisada por un comité ético de experimentación animal, que promove o uso de métodos alternativos, a redución do número de animais empregados, e o refinamento dos procedementos experimentais. Ningún proxecto de investigación que requira o uso de animais pode comezar sen a preceptiva avaliación ética e a autorización final por parte da respectiva autoridade competente.
A Universidade de Vigo ocúpase de garantir tamén que tanto o persoal ao coidado dos animais como os investigadores e investigadoras involucrados en experimentación conten coa formación e cos coñecementos necesarios, e comprométese a proporcionar os recursos precisos para o correcto mantemento dos animais de experimentación no que se refire a instalacións, mantemento, benestar e atención veterinaria.
Máis información
Secretaría do Comité de ética de experimentación animal
+34 986 818 678
secretariaceea@uvigo.gal