Acto de celebración do Día das Letras Galegas
Data de celebración:
15 de maio de 2020 ás 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Área de Normalización LingüísticaLugar
Campus universitario de Vigo. As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Acto institucionalEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Modalidade
VirtualDe carácter virtual, a través do Campus Remoto
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais; Fernando Ramallo, director da Área de Normalización Lingüística, e Jorge Bueno, director do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo conmemora o Día das Letras Galegas, que se celebra este domingo 17, cun acto de carácter virtual no Campus Remoto, que poderá seguirse tamén a través de UVigoTV. Dedicado a afondar na figura do autor homenaxeado neste 2020, Ricardo Carvalho Calero, contará coa intervención en vídeo da profesora emérita do Departamento de Historia Arte e Xeografía e filla do escritor, María Victoria Carballo-Calero; seguida dunha mesa redonda na que participarán a tamén profesora emérita da Universidade de Vigo Camiño Noia, a que fora catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela Aurora Marco e a filóloga, ex-deputada autonómica e ex-docente da Universidade da Coruña Pilar García Negro.
O acto completarase coas actuacións musicais en vídeo do acordeonista David Álvarez Caneda e a fagotista Zeltia Augusta Pino, estudantes ambos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus pontevedrés