Cine forum '(In)visibilidade das mulleres steam na cinematografía'

  • Estudantes
  • Vigo
  • Cine

Data de celebración:

8 de abril ás 16:30

Dirixido a

Estudantes

Organiza

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Lugar

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España

Tipo de evento

Cine

Entrada:

De balde É necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Dous documentais e dúas películas nas que as mulleres son protagonistas activas en ámbitos relacionados coa tecnoloxía conforman a última aposta da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo para impulsar e dar visibilidade á muller nos ámbitos STEAM.

O ciclo (In)visibilidade das mulleres steam na cinematografía arranca este xoves 8 de abril a partir das 16.30 horas coa proxección no salón de actos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do documental Mercury 13, centrado no programa secreto deseñado para levar ao espazo á primeira muller astronauta e que foi abortado pola NASA. O 22 de abril o público poderá visionar a película Hidden figures, que narra a historia das tres primeiras mulleres afroamericanas en acadar grandes metas no seo da NASA. O segundo dos documentais do ciclo chegará o 5 de maio, Bombshell, no que a actriz e inventora Hedy Lamarr narra as súas vivencias, entre as que se inclúen o desenvolvemento das bases do sónar, o GPS, a wifi ou o bluetooth. O ciclo chegará ao seu fin o 19 de maio coa proxección de  A muller e a montaña, a historia dunha muller islandesa que rexeita o apoio dos gobernos a megaproxectos que non respectan o medio ambiente e sobreexplotan os recursos.

As proxeccións, nas que participará como moderador o experto docente en cine Alfonso Castaño, están especialmente dirixidas ao alumando das escolas de enxeñaría da UVigo, que deberá preinscribirse ata as 13.00 horas do mesmo día da emisión.

Anótao en:

Add to Calendar 2021-04-08 16:30:00 2021-04-08 16:30:00 Cine forum '(In)visibilidade das mulleres steam na cinematografía' Organizado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Europe/Madrid public