Primavera do Decrecemento. Mesa redonda 'As organizacións ecoloxistas na comunicación dos límites do crecemento'
Data de celebración:
13 de xuño de 2024 ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Post-Growth Innovation LabLugar
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Museo de Pontevedra
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación desta Primavera do Decrecemento péchase nesta xornada no Museo de Pontevedra coa mesa redonda As organizacións ecoloxistas na comunicación dos límites do crecemento. Moderado polo investigador David Soto, este debate contará coas intervencións de Eva Saldaña, directora executiva de GreenPeace España; Luis González, excoordinador confederal de Ecologistas en Acción; Inés Entenza, do movemento Juventud por el Clima; Olga García, de Rebelión Científica, e Jorge Zhou, de Extinction Rebellion.
O coloquio poderá seguirse en directo a través deste enlace.