CURSOS GRATUÍTOS

Capacitación dixital no eido do transporte, mobilidade e loxística

Preinscrición aberta

UVigo - Comunicación 22/09/2023

A Universidade de Vigo oferta cursos gratuítos de capacitación dixital no eido do transporte, mobilidade e loxística, subvencionados polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

  • Tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial (15 ECTS, presencial, Escola de Enxeñería Industrial, Vigo)
  • Innovación no modelo de negocio da nova mobilidade (15 ECTS, semipresencial, Facultade de Comercio, Vigo)
  • Transformación áxil de organizacións (15 ECTS, presencial/en liña, Escola de Enxenaría Informática, Ourense)
  • Infraestrutura de datos aplicados ao transporte (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense)
  • Dixitalización do sector de transporte e loxística (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense)
  • Comunicación dixital para a mobilidade (15 ECTS, presencial/en liña, Escola Superior de Enxeñaría Informática, Ourense)

Poderán inscribirse as persoas interesadas sen necesidade de ABAU ou de formación universitaria previa.

CAMPUS ABERTO

 

Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 304
eafp@uvigo.gal