PARA ESTUDANTES, PDI E PAS

Sorteo de entradas para o VII Foro de Educación Faro Impulsa

UVigo - Comunicación 02/10/2023

A Universidade de Vigo participará os días 6 e 7 de outubro de 2023 na sétima edición Foro de Educación Faro Impulsa. 

O programa e toda a información sobre o evento están dispoñibles na web https://www.faroimpulsa.es/

Como nas edicións anteriores, sortearemos dez entradas entre os membros da comunidade universitaria. De seguido explicámosche como participar no sorteo.

 

  • Cubre o formulario que atoparás máis abaixo ou nas redes sociais da Universidade de Vigo (Facebook, Twitter, LinkedIn ou Instagram).
  • Poderás participar ata o martes 3 de outubro ás 23.59 h.
  • O xoves 5 de outubro a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais publicará nas redes sociais o nome dos beneficiarios e beneficiarias das entradas que o consentiron.
  • Co fin facilitar a xestión das entradas, comunicaráselle a Faro de Vigo os datos das persoas gañadoras.
  • Se es unha das persoas afortunadas recibirás a túa entrada no enderezo electrónico rexistrado.

Formulario de participación

Velaquí o nome das persoas gañadoras:

  1. Pilar Somoza González
  2. Inmaculada Báez Montero
  3. Breogán Riobóo Lois
  4. Arancha Alvarez Rivera
  5. David Cabaleiro Álvarez
  6. Sara Martínez Carrera 
  7. Ana Fernández Vilas
  8. Raquel Domínguez Arines 
  9. Diego Carou Porto 
  10. Rita Velasco Graña

Parabéns e moitas grazas a todos e todas pola vosa participación! 

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. Só se cederán a Faro de Vigo os datos das persoas gañadoras co fin facilitar a xestión das entradas e se publicarán os datos das persoas gañadoras que consentiron a publicación dos seus nomes nas redes sociais.

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o sorteo das dez entradas para o VII Foro de Educación Faro Impulsa e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.

A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, Campus universitario Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). 

Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal