DATAS E PUNTOS DE EMISIÓN NOS TRES CAMPUS

Xa tes a túa tarxeta universitaria intelixente no móbil?

UVigo - Comunicación 14/09/2023

No marco da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e co apoio do Banco Santander,  a Universidade de Vigo pon en servizounha plataforma multiservizo para a comunidade universitaria en forma de aplicación móbil.

Unha das funcións da aplicación é emitir a tarxeta universitaria intelixente virtual (TUI en AppCRUE). Esta tarxeta acredítate como estudante, docente ou persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo con outras funcionalidades de alto valor engadido para a comunidade universitaria: préstamo de libros nas bibliotecas, acceso ás instalacións de uso restrinxido...

Como obter a TUI?

Para poder solicitar a tarxeta universitaria intelixente terás que cumprir un dos seguintes requisitos:

  • Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, mestrado oficial, programa de doutoramento etc.).  
  • Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor

Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:

  • Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantes do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico. 
  • Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta. 
  • Descargar a aplicación AppCRUE. Pódese descargar nos teléfonos dos sistemas Android ou IOS.
  • Achegarte a un dos puntos de emisión do teu campus (Ourense, Pontevedra, As Lagoas, Marcosende e Vigo cidade). Aí tomaranche unha fotografía e nuns minutos entregaranche a túa TUI. 

Preguntas frecuentes

As respostas ás preguntas máis frecuentes verbo da aplicación están dispoñibles na seguinte FAQ e as dúbidas máis específicas poderán consultarse desde a propia app.

FAQ


Onde e cando?

Durante as primeiras semanas do curso, estarán operativos varios puntos de emisión da TUI:

Campus de Ourense 

Oficina do Banco Santander
Pavillón de Estudantes 
Do 11 ao 29 de setembro 2023
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h   
Venres: de 9:00 a 14:00 h 

Campus de Pontevedra 

Facultade de Comunicación
Do 11 ao 29 de setembro 2023
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h   
Venres: de 09:00 a 14:00 h 

Campus de Vigo 

Oficina do Banco Santander
Área comercial
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Do 11 de setembro ao 6 de outubro 2023
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h
Venres: de 9:00 a 14:00 h

Campus de Vigo

Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade)
Rúa do Conde de Torrecedeira, 86
36208 Vigo 
Do 9 ao 13 de outubro 2023
Luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 h   
Venres: de 9:00 a 14:00 h   


Fóra destas datas, poderás solicitar a túa TUI nas seguintes oficinas de asistencia en materia de rexistro. 

Campus de Vigo

Edificio Exeria 
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Tel. +34 986 813 902 
rexistroxeral@uvigo.gal

Campus de Pontevedra

Escola de Enxeñaría Forestal
A Xunqueira
36005 Pontevedra 
Tel. +34 986 801 955  
rex-pont@uvigo.gal

Campus de Ourense

Edificio Administrativo
As Lagoas
32004 Ourense 
Tel. +34 988 387 103  
rex-our@uvigo.gal