Xornadas de benvida do campus de Vigo 2019/2020
O 6 de setembro de 2019, no campus de Vigo, na praza Miralles, disporanse mesas onde poderás obter información sobre:
1. Wifi, correo e teledocencia
2. Aloxamento e transporte
3. Tarxeta universitaria
4. Biblioteca
5. Bolsas e axudas
6. Mobilidade (ORI)
7. Centro de Linguas
8. Área de Normalización Lingüística
9. Emprego e emprendemento
10. Unidade de Igualdade
11. Cultura
12. Benestar, Saúde e Deporte
13. Delegacións e asociacións de alumnado
14. Voluntariado
15. Atención á diversidade
16. Información xeral
Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, actividades científicas e culturais, actividades deportivas, xeados, bebidas e moito máis. Ademais, organizaranse as seguintes actividades programadas:
9.00 | Proba de nivel de español para o estudantado internacional, organizada pola Oficina de Relacións Internacionais (ORI) en colaboración co Centro de Linguas |
10.00 | Apertura de portas Charla informativa para o alumnado internacional |
11.00 | Demostración científica «A febre dos materiais». Aula aberta de ciencia |
12.00 | Pausa activa. Área de Benestar, Saúde e Deporte |
13.00 | Visión infravermella: unha nova forma de contemplar o mundo. Aula aberta de ciencia |
14.00 | Peche da xornada |
Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo! #SomosUVigo
Máis información:
Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal