Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade

Maribel Doval Ruiz, vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade

 

Profesora titular de universidade, foi subdirectora xeral de Universidades da Xunta de Galicia durante o goberno de Emilio Pérez Touriño, membro do Comité Técnico da ACSUG e vogal do CONGACODE. Participou como membro da mesa do Claustro da Universidade de Vigo e do Consello de Campus de Ourense e foi directora e secretaria do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.

Imparte materias relacionadas coas novas tecnoloxías aplicadas á educación nos graos de Educación Infantil e de Educación Social da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense e imparte clases no Mestrado de formación do profesorado. Participa como avaliadora de proxectos europeos e foi vicepresidenta no programa H2020. Ten experiencia na organización de feiras interuniversitarias, congresos internacionais sobre TIC e ensino e sobre practicum e prácticas na universidade e na empresa.

Dirixiu varios seminarios e accións formativas sobre igualdade de xénero e inclusión educativa e social. Participou en cinco proxectos nacionais de investigación e noutros tantos europeos e foi profesora visitante en varias universidades europeas, de Kirguistán e en Marrocos. Nos últimos anos está interesada especialmente no estudo e divulgación de métodos e enfoques da investigación participativa.

Actualmente participa nun proxecto Jean Monnet sobre deseño de programas e recursos educativos sobre cultura europea e en dous proxectos (Erasmus+ Capacity Building e Twinning) para a modernización das universidades de Marrocos no seu achegamento ao EEES.

  • As relativas á responsabilidade social, aos servizos sociais e á participación.
  • A proposta e o desenvolvemento de plans para a integración total das persoas con necesidades educativas específicas na Universidade de Vigo.
  • A promoción, estímulo e dirección da xestión de actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario.
  • A definición e a execución da política de acción social.
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda

 

Organización

  • Organizar as tarefas derivadas das iniciativas sobre a equidade e a diversidade na Universidade de Vigo.
  • Supervisar e controlar as actividades derivadas do plan de responsabilidade social, servizos sociais, acción social e participación.
  • Realizar o seguimento do plan PIUNE e desenvolver aqueloutros plans para a integración total das persoas con diversidade funcional.
  • Asesorar e promover actividades de acción solidaria, voluntariado e cooperación no ámbito universitario. 
  • Asesorar nas convocatorias de bolsas, axudas e premios nos ámbitos competenciais anteriores.

Henar Quintas Salgado
Directora da Área de Equidade e Diversidade
+34 986 130 261
direc.equidade@uvigo.gal

Javier Míguez Novas
Secretaría
+34 986 130 302
vic.benestar@uvigo.gal

 

 

Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 302
vic.benestar@uvigo.gal