Atréveste a cruzar o Miño?

UVigo - Emprego 26/04/2023

A Universidade de Vigo publica a convocatoria de bolsas de prácticas do programa Alén do Miño para a realización de prácticas externas polo estudantado no marco do Eures transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

A contía individual da bolsa será como máximo de 600 euros ao mes. 

Requisitos

  • Estar matriculado/a na Universidade de Vigo no curso 2022/2023 e durante todo o período de duración da bolsa en estudos de grao ou nun mestrado oficial da Universidade de Vigo.
  • No caso de estudos de grao ter superados o 50 % dos créditos. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta para os efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Contar coa carta de preaceptación da empresa ou da institución onde se realizarán as prácticas.
  • Non ter relación contractual coa empresa ou institución proposta para realizar as prácticas.

 
A data fin de solicitudes é o 3 de maio de 2023.

ver a convocatoria