Axudantes de contabilidade empresarial mediante contrato en prácticas no Banco de España

UVigo - Emprego 27/10/2020

O Banco de España ofrece ata seis prazas para colaborar en traballos estatísticos de base relacionados coa análise e coa depuración da información contable de empresas non financeiras.

A contratación formalizarase mediante un contrato en prácticas por un período dun ano, prorrogable, no seu caso, ata un máximo de dous anos e sometido a un período de proba. A xornada de traballo, de mañá e de tarde, terá unha duración de 35 horas semanais. 

Requisitos

  • Titulación en Economía, Administración e Dirección de Empresas ou afíns ou, de ter finalizada outra carreira, estar a cursar estudos de mestrado nunha materia económica
  • Cumprir os requisitos para formalizar un contrato en prácticas: titulación finalizada dentro dos últimos cinco anos, salvo nas candidaturas menores de trinta anos, nas que non se terá en conta a data de terminación dos estudos universitarios e non haber traballado cun ou con varios contratos en prácticas por un período superior a 6 meses
  • Posuír un excelente expediente académico universitario
  • Nivel avanzado do idioma inglés

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de novembro de 2020 ás 14.00 horas. 

Máis información aquí.