Bolsa formativa no Instituto Galego do Consumo e da Competencia 

UVigo - Emprego 19/09/2023

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia convoca unha bolsa de formación en materia de promoción e defensa da competencia.

Características

  • O importe da bolsa é de de 1100 € brutos por mes ata un máximo de catro meses.
  • A formación terá lugar nas dependencias da oficina da Comisión Galega da Competencia en Santiago de Compostela.

Requisitos 

  • Posuír unha títulación universitaria (Grao ou Licenciatura en Dereito, ADE ou Económicas).
  •  Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

Información e solicitudes

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica en https://sede.xunta.gal co código CO400F

O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de outubro de 2023.

Máis información aquí.