Bolsas de ámbito xurídico no Tribunal Constitucional

Solicitudes ata o 5 de xuño

UVigo - Emprego 09/05/2023

O Tribunal Constitucional ten aberta unha convocatoria de 6 bolsas de formación teorica-práctica en tarefas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doutrina constitucional.

Características 

  • A dotación de cada bolsa será de 1260 euros brutos mensuais.
  • A duración das bolsas será de 12 meses e poden prorrogarse por un máximo de seis meses máis.

Requisitos

  • Posuír o título de Grao en Dereito.
  • Finalizar os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
  • Posuír coñecementos de inglés ou francés correspondentes ao nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (First Certificate, puntuación mínima de 87 no TOEFL Internet Based Test, Delf B2, ou equivalentes).

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 5 de xuño de 2023.
Máis información aquí.