Bolsas da Axencia Turismo de Galicia

Solicitudes ata o 17 de abril

UVigo - Emprego 17/03/2023

A Axencia Turismo de Galicia convoca 14 bolsas de formación en oficinas de información turística nas seguintes cidades: 

  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos)
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo
  • 2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense

O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2023 cunha duración máxima de 6 meses, contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira que será, previsiblemente, o 1 de xuño de 2023.

Requisitos

  • Grao en turismo, mestrado relacionado con turismo, técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas ou técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.
  • Titulación obtida a partir do 1 de xaneiro de 2018.
  • Idiomas: Acreditación de lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente. Acreditación de lingua inglesa con Certificado B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha proba oral para a comprobación do nivel de idioma.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 17 de abril de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU981A
Mais información aquí.