Bolsas de comunicación institucional nas Cortes Xerais

UVigo - Emprego 10/10/2023

O Congreso dos Deputados convoca seis bolsas de formación práctica sobre comunicación institucional relacionada coa actividade parlamentaria.

Características

  • Cada unha das bolsas terá unha duración de doce meses. As bolsas terminarán o 31 de decembro de 2024.
  • A contía mensual será de 1075 €.

Requisitos

  • Posuír unha titulación universitaria em Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.
  • Data de nacemento posterior ao 1 de xaneiro de 1995.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24 de outubro de 2023.

Máis información aquí.


O Senado convoca tres bolsas de formación práctica sobre comunicación institucional.

Características

  • Cada unha das bolsas terá unha duración de doce meses. As bolsas terminarán o 31 de decembro de 2024.
  • A contía mensual será de 1075 €

Requisitos

  • Posuír unha titulación universitaria en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.
  • Data de nacemento posterior ao 1 de xaneiro de 1996.
     

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 25 de outubro de 2023.

Máis información aquí.