Bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Solicitudes ata o 22 de maio

UVigo - Emprego 24/04/2023

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ten aberta unha convocatoria de dúas bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo coa finalidade de que as persoas beneficiarias podan complementar os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

O programa formativo integrará aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais.

Características

  • As bolsas desenvolveranse ao longo do ano 2023, cunha duración máxima de sete meses e medio, contados desde a data de incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.
  • A contía mensual de cada bolsa será 1200 € brutos.
  • A formación terá lugar na Dirección Xeral de Comercio e Consumo en xornada de mañá.

Requisitos

  • Posuír algún título universitario e rematalo no ano 2014 ou posterior.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

Méritos

  • Por posuír un Grao/Licenciatura en Ciencias Económicas e Empresariais, Dereito, Ciencias Políticas, Administración e Dirección de Empresas, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Dirección e Xestión Pública, Comercio e Márketing, Publicidade e Relacións Públicas ou equivalentes: 1 punto por cada un, cun máximo de 3 puntos.
  • Pola nota media obtida no título acreditada cunha certificación académica outorgarase a seguinte puntuación: 
    • Aprobado: 1 punto.
    • Notable: 2 puntos.
    • Sobresaliente: 3 puntos.
    • Matrícula de honra: 4 puntos.
  • Ata un máximo 6 puntos por formación complementaria.


Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 22 de maio de 2023.
O procedemento debe tramitarse en https://sede.xunta.gal  co código de procedemento IN225A.
Máis información aquí.
Tamén podes solicitar máis información no teléfono 881 995 799 ou no enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal.