Bolsas de formación práctica no ámbito da xestión documental e arquivos e no ámbito de recursos e relacións xurisdicionais

Solicitudes ata o 10 de abril

UVigo - Emprego 29/03/2023

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca dúas bolsas de formación práctica para persoas con titulacións universitarias no ámbito de xestión documental e arquivos e no ámbito de recursos e relacións xurisdicionais. A contía mensual destas bolsas será de 1150 euros.

Requisitos

  • A bolsa en xestión documental e arquivos require coñecementos específicos relacionados con arquivística e fontes documentais para a historia da agricultura, a gandería e a pesca.
  • A bolsa en materia de recursos e relación xurisdicionais require o Grao en Dereito ou en Xestión e Administración Pública.


Presentación e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 10 de abril de 2023.
Máis información aquí.