Bolsas de formación práctica no Consello de Consumidores e Usuarios do Ministerio de Consumo

Solicitudes ata o 18 de abril

UVigo - Emprego 29/03/2023

O Ministerio de Consumo convoca 4 bolsas de formación práctica en réxime de concorrencia competitiva para o programa de traballo do Consello de Consumidores e Usuarios.

Características

  • A duración das bolsas é de 12 meses prorrogables por outros 12 meses máis.
  • A contía anual de cada bolsa será de 10 610 euros.

Requisitos

  • Estar en posesión dunha titulación universitaria. 
  • Finalización dos estudos nos 5 anos anteriores.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 18 de abril de 2023.
Máis información aquí.