Bolsas de formación práctica "María Telo" en materia de igualdade de xénero no Instituto das Mulleres

Solicitudes ata o 17 de abril

UVigo - Emprego 29/03/2023

O Instituto das Mulleres do Ministerio de Igualdade convoca 6 bolsas de formación práctica coa finalidade de contribuír á formación de persoas físicas en materias dirixidas a favorecer a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e a participación das mulleres na vida política, civil, laboral, económica, social e cultural, así como a prevención e eliminación e toda clase de discriminación das persoas por razón de sexo.


Características

  • A duración das bolsas é de 12 meses prorrogables por outros 12 meses máis.
  • A contía de cada bolsa será de 1100 € mensuais.

Requisitos

  • Posuír unha titulación universitaria. 
  • Finalización dos estudos nos 5 anos anteriores.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 17 de abril de 2023.
Máis información aquí.