Bolsas de formación práctica en materia de comercialización, transformación pesqueira e acuicultura

Solicitudes ata o 11 de abril

UVigo - Emprego 26/03/2023

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca, en réxime de concorrencia competitiva, dúas bolsas de formación práctica en materia de comercialización, transformación pesqueira e acuicultura.


Características

  • A duración inicial das bolsas será de 12 meses, podendo prorrogarse ata un máximo de tres ocasións.
  • A contía das bolsas por persoa beneficiaria será de 1150 euros brutos mensuais.

Requisitos

  • Titulación universitaria de Grao ou equivalente en ADE, Economía, Finanzas, Xestión de Dirección Pública, Ciencias políticas, Dereito, Bioloxía, Agronomía, Veterinaria, Ciencias Ambientais ou Ciencias do Mar.
  • Finalización da titulación nos seis anos anteriores á convocatoria.
  • Acreditación de coñecementos dun mínimo dun nivel B1 de inglés.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 11 de abril de 2023.
Máis información aquí.