Bolsas de formación práctica relacionadas coa política agrícola común e a súa financiación

Solicitudes ata o 7 de abril

UVigo - Emprego 21/03/2023

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ten aberta unha convocatoria en réxime de concorrencia competitiva de cinco bolsas de formación práctica coa finalidade de contribuír á formación no ámbito da Xestión Pública relacionada coa Política Agrícola Común (PAC) da Unión Europea.


Características

  • Duración 12 meses, podendo prorrogarse ata un máximo de tres ocasións.
  • A contía das bolsas por persoa beneficiaria será de 1150 euros brutos mensuais.


Titulación requirida

  • Dúas bolsas van dirixidas a persoas con titulación universitaria en Administración e Xestión Pública, Dirección e Xestión Pública, Dereito, Economía ou Administración e Dirección de Empresas.
  • Tres bolsas van dirixidas a persoas con titulación universitaria en Agronomía, Veterinaria, Ciencias Agronómicas, Enxeñaría Agrícola, Enxeñaría Agroambiental, Ciencias Ambientais, Enxeñaría Ambiental, Enxeñaría do Medio Natural, Enxeñaría Forestal ou de Montes

.
Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 7 de abril de 2023.
Máis información aquí.