Bolsas formativas no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial Esteban Terradas

Solicitudes ata o 4 de maio

UVigo - Emprego 13/04/2023

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial “Esteban Terradas” convoca bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios do Instituto e facilitar a súa incorporación ao mundo laboral.

Características

A contía individual da bolsa é de 1200 euros mensuais.

Requisitos

Titulación de grao finalizado nos catro anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 4 de maio de 2023.
A solicitude debe presentarse en http://sede.defensa.gob.es/acceda/  na ligazón "Procedimientos" "INTA-Becas"
Máis información aquí.