Bolsas formativas no INTA

UVigo - Emprego 19/10/2023

O Instituto  Nacional de Técnica Aeroespacial “Esteban Terradas” (INTA) convoca 18 bolsas dirixidas a persoas cunha titulación de grao superior ou cunha titulación universitaria de grao.

O obxectivo destas bolsas é a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e proxectos propios da entidade, así facilitar a incorporación ao mundo laboral.

Requisitos

  • As titulacións de grao para as que van dirixidas estas bolsas son: Enxeñaría Industrial, Aeroespacial, Informática, Telecomunicación, Química, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas.
  • A titulación deberá ser obtida nos catro anos inmediatamente anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria.

Características das bolsas

  • A duración das bolsas será de dous anos, con carácter prorrogable por outro ano máis.
  • A contía mensual será de 1200 € mensuais para as persoas beneficiarias cunha titulación de grao. 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de novembro de 2023

Máis información aquí.