Bolsas da Fundación Biodiversidade

Solicitudes ata o 15 de xaneiro

UVigo - Emprego 19/12/2022

A Fundación Biodiversidade convoca 22 bolsas en diferentes áreas do seu ámbito de competencias. A duración máxima das bolsas será de doce meses improrrogables. 

Para facilitar a súa compaxinación con outros estudos, a persoa beneficiaria poderá optar por unha modalidade de 600€ mensuais por cinco horas diarias ou ata 840€ mensuais por sete horas diarias.

Requírese ter finalizados os estudos requiridos nas diferentes áreas nos tres anos anteriores ao prazo de publicación da convocatoria.

 

Bolsas

Na área de Conservación e Restauración de Ecosistema convócanse cinco bolsas dirixidas a persoas con título de grao universitario na ramas de Ciencias da Terra, Sociais e Xurídicas (Ambientais, Bioloxía, Ciencias do Mar, Xeografía, Políticas, Socioloxía, etc.).

Na área de Economía e Emprego Verde convócanse tres bolsas dirixidas a persoas con título de grao universitario na rama de Ciencias da Terra (Ambientais, Bioloxía e outras) e de Ciencias Sociais (Económicas, Empresariais, Políticas, Administración, etc.).

Na área de Economía e Emprego Azul convócanse dúas bolsas dirixidas a persoas con título de grao universitario na rama de Ciencias (Ambientais, Bioloxía, Ciencias do Mar, etc.).

Na área de Cidades convócanse dúas bolsas dirixidas a persoas con titulación de grao universitario na rama de Ciencias (Ambientais, Bioloxía, Enxeñaría Forestal, Xeografía, Xeoloxía, etc.). Tamén poderán optar candidaturas con outras titulacións de grao que completasen a súa formación cun mestrado en xestión relacionado con estes aspectos.

Na área de Investigación e Adaptación ao Cambio Climático convócase unha bolsa de formación dirixida a persoas con titulo de grao universitario na rama de Ciencias (Ambientais, Bioloxía, Ciencias do Mar, Xeografía, Xeoloxía, etc.). Tamén poderán optar candidaturas con outras titulacións de grao que completasen a súa formación cun Mestrado en xestión ambiental. 


Na área de Bioeconomía convócase unha bolsa de formación dirixida a persoas con título de grao universitario na rama de Ciencias (Ambientais, Bioloxía, Ciencias do Mar, Enxeñaría de Montes, Enxeñaría Agrónoma, Xeografía, Xeoloxía, etc.). Tamén poderán optar candidaturas con outras titulacións de grao que completasen a súa formación cun Mestrado en xestión ambiental.


Na área de Economía Circular convócase dúas bolsas de formación dirixidas a persoas con título de grao universitario na rama de Ciencias (Enxeñaría Industrial, Ambientais, Bioloxía, Ciencias do Mar, Xeografía, Xeoloxía, etc.). Tamén poderán optar candidaturas con outras titulacións de grao que completasen a súa formación cun Mestrado en economía circular, xestión de residuos, ecodeseño e/ou xestión ambiental.


Na área de Comunicación, Relacións Institucionais e Social Media de proxectos convócanse catro bolsas de formación dirixidas a persoas con título de grao universitario en materia de comunicación (Publicidade e Relacións Públicas, Periodismo, Comunicación Audiovisual, Ciencias da Información, etc.). A mesma área convoca tamén unha bolsa dirixida a persoas con titulación en materia de deseño gráfico e comunicación dixital ou xestión de plataformas de redes sociais.

 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de xaneiro de 2023.

Máis información aquí.