Bolsas Fundación SEPI – Telefónica 2023

Solicitudes ata o 23 de abril

UVigo - Emprego 20/04/2023

A Fundación SEPI, FSP ten aberta unha convocatoria de 125 bolsas de formación  práctica para desenvolver en centros de traballo de Telefónica participando en proxectos punteiros do ámbito do mundo dixital baixo a supervisión de titores ou titoras.

Características

  • As bolsas durarán entre 6 e 9 meses.
  • A data de inicio prevista é o 1 de xullo de 2023.
  • A contía mensual de cada bolsa será 1150 €.

Requisitos

  • Data de nacemento a partir do 1 de xaneiro de 1997.
  • Nivel medio ou alto de inglés.
  • Titulación académica universitaria a partir do 1 de xaneiro de 2019 ou ser estudante cun máximo de 30 créditos ECTs pendentes de aprobar.
  • Non desempeñar ningún traballo profesional relacionado coa titulación, xa sexa por conta propia ou allea.
  • Dispor dalgunha das titulacións requiridas (ámbito tecnolóxico ou empresarial) que poderás consultar na páxina web. 

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de abril de 2023.
 
Máis información aquí.