Bolsas no Instituto Galego do Consumo para persoas tituladas en Dereito

Solicitudes ata o 23 de xaneiro

UVigo - Emprego 23/12/2022

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia de Galicia convoca 2 bolsas de formación en materia de protección ás persoas consumidoras.


Características das bolsas

  • O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2022 cunha duración máxima de dez meses contado desde a data de incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2023.
  • A formación terá lugar nas dependencias dos servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia en Santiago de Compostela.
  • Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 11.000 € brutos, 1100 € brutos por mes e por bolsa ata un máximo de 10 meses.


Requisitos

  • Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Posuír o título de grao/licenciatura en dereito e ter rematado os estudos para obter o título no 2007 ou posteriormente.

Información e solicitudes

As solicitudes presentaranse en https://sede.xunta.gal co procedemento CO400D

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 xaneiro de 2023.

Máis información aquí.