Bolsas de investigación mariña

UVigo - Emprego 25/10/2023

A Xunta de Galicia convoca dúas bolsas para completar a formación de persoas no campo da investigación mariña.

Requisitos

  • Titulación de grao ou licenciatura en Bioloxía ou Ciencias do Mar. As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición e ter finalizado os estudos conducentes a esta titulación no ano 2020 ou posteriormente.
  • Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
  • Non ter a titulación de doutor/a, nin atoparse matriculado nun programa de doutoramento do sistema universitario nacional.
  • Posuír o permiso de condución de vehículos clase B.

Características das bolsas

  • A duración das bolsas será de 2 anos.
  • A contía bruta mensual de cada bolsa será 1200 €.
  • O lugar de desenvolvemento das bolsas será no Centro de Investigacións Mariñas de Corón (Vilanova de Arousa).
  • Distribución das bolsas:
    • Cultivo de fitoplancto e moluscos bivalvos-sistemas de cultivo.
    • Recursos mariños-dinámica de poboacións.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de novembro de 2023.

As solicitudes poden tramitarse na sede electrónica da Xunta co procedemento PE609E .

Máis información aquí.