Bolsas JAE Intro de introducción á investigación en centros do CSIC

Solicitudes ata o 15 de maio

UVigo - Emprego 17/04/2023

O programa JAE Intro convoca 300 bolsas en centros do CSIC (propios, mixtos ou unidades asociadas) dirixidas ao estudantado universitario con interese en iniciar unha carreira investigadora nas diferentes áreas globais do CSIC (Vida, Sociedade e Materia). Propiciarase unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos de actualidade e aos métodos utilizados para a súa resolución.

Características

  • A duración da bolsa será de sete meses consecutivos.
  • A contía total de cada bolsa será de 2400 € e percibiranse mensualmente.

Requisitos

  • Ter matrícula nun grao de carácter oficial e ter ao menos 180 ECTS completados (en graos de 240 ECTS) ou 240 ECTS completados (en graos de 300 ECTS) no curso académico 2022/2023 ou ter matrícula nun mestrado universitario oficial no curso académico 2022/2023 ou 2023/2024.
  • Acreditar unha nota media de grao/licenciatura igual ou superior a oito para todos os ámbitos de coñecemento, excepto para os estudios de dobre grao e os relativos ao deseño, animación, cinematografía e produción audiovisual, enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería de telecomunicación, enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería en organización industrial e enxeñería da navegación, enxeñería informática e de sistemas, enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio natural que será igual ou superior a sete.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 15 de maio de 2023.

Máis información aquí e na páxina web do CSIC (https://sede.csic.gob.es/programa-jae).