Bolsas do Plan formativo en habilidades empresariais das industrias culturais e creativas

Solicitudes ata o 16 de xuño

UVigo - Emprego 17/04/2023

O Ministerio de Cultura e Deporte ten aberta unha convocatoria de 80 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para a formación de profesionais do sector cultural e o reforzo das súas habilidades emprendedoras e financeiras.

As bolsas permitirán cursar estudos de Máster universitario e experto universitario relacionados coas industrias culturais e creativas en universidades e centros educativos españois cuxo contido formativo se incluía nos seguintes ámbitos: xurídico, empresarial, dixital, estratexia, marketing e comunicación, recursos humanos, finanzas e fiscalidade ou xestión cultural.

Entre os requisitos establecidos nas bases da convocatoria, requírese a carta de aceptación ou centro educativo onde conste o programa formativo polo que se solicita a bolsa obxecto desta axuda.

Na baremación dos méritos daranse ata 15 puntos a titulacións superiores en materia cultural, económica, empresarial ou financeira, no resto das titulacións ata 5 puntos.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 16 de xuño de 2023.

Máis información aquí.