Bolsas en producións e mercados agrarios

Solicitudes ata o 22 de febreiro

UVigo - Emprego 01/02/2023

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca 10 bolsas de formación práctica no ámbito das producións e mercados agrarios.


Requisitos

 

  • Título de  Grao, Mestrado ou Doutoramento nas ramas de coñecemento de Ciencias, Ciencias da Saúde, Enxeñaría e de aquelas especialidades relacionadas coas función desempeñadas pola Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios.
  • A titulación deberase ter obtido nos últimos seis anos anteriores á publicación da convocatoria.


Ofértanse dúas bolsas en cada unha das seguintes áreas de coñecemento

  • Ordenación e fomento da produción gandeira.
  • Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de froitas e hortalizas, plantas vivas e vitivinicultura.
  • Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de cultivos herbáceos e industriais e Aceite de Oliva.
  • Medios de produción gandeiros.
  • Medios de produción agrícolas e variedades vexetais.


Características das bolsas

  • A contía da bolsa por persoa beneficiaria será de 1150 euros mensuais.
  • A incorporación das persoas bolseiras terá lugar no prazo dun mes trala publicación da resolución da súa concesión e a súa duración inicial será ata o 31 de agosto de 2023. As bolsas poderanse prorrogar ata nun máximo de tres ocasións. As dúas primeiras prórrogas durarán cada unha doce meses adicionais consecutivos e a terceira permitirá completar o período ata o 31 de decembro do último ano de prórroga.

Información e solicitudes


Prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de febreiro de 2023.
Máis información aquí.