Bolsas Programa Airbus Fin de Carreira 2020

UVigo - Emprego 03/12/2019

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Airbus Fin de Carrera 2020 coa finalidade de facilitar a mozos e mozas con titulación universitaria ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar, períodos de formación práctica, coma bolseiros/as, en centros de traballo de Airbus.

Duración das bolsas

  • Ata un máximo de 11 meses.

Requisitos

  • Título universitario obtido nos cursos 2017/2018, 2018/2019 ou 2019/2020 ou ter como máximo ata 30 créditos ECTS pendentes de aprobar.
  • Nacido/a con posterioridade ao 31 de decembro de 1990.
  • Nivel de inglés alto.
  • Non ter gozado de ningún programa de bolsas desta fundación anteriormente.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 de xaneiro de 2020.

Máis información aquí.