Bolsas Turespaña de prácticas profesionais

UVigo - Emprego 22/05/2019

O Instituto de Turismo de España, do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, convoca as bolsas Turespeña para realizar prácticas profesionais.

Requisitos

  • Ter a nacionalidade española ou de algún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
  • Estar en posesión dos títulos universitarios de grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou mestrado oficial (RD 1509/2008 do 12 de setembro), ou da Diplomatura en Turismo, Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, Xestión e Administración Pública, sempre que se cursasen os estudos e se superasen as probas para a obtención do correspondente título nun período de tempo comprendido entre os seis anos anteriores ao da convocatoria das bolsas e antes do remate do prazo de presentación de solicitudes. As/os solicitantes do estranxeiro presentarán as titulacións equivalentes ás esixidas ás persoas nacionais.
  • Cualificacións. As persoas graduadas, licenciadas, con mestrados oficiais, arquitectas ou enxeñeiras deben ter unha nota media igual ou superior a seis sobre dez e unha nota media igual ou superior a sete sobre dez, requírese para as persoas diplomadas en Turismo, Ciencias Económicas, Empresariais, Socioloxía, Xestión e Administración Pública.
  • Idiomas. Acreditar, mediante certificación de institución académica oficial, posuír coñecemento do idioma inglés, o nivel mínimo haberá de ser o C1. As persoas estranxeiras deberán posuír un coñecemento do castelán cun nivel mínimo de C1.

Prazo

Ata o 6 de xuño de 2019.
 

Máis información no Extracto de la Resolución del 11 de abril 2019 de la Presidencia del Instituto de Turismo de España por la que se convocan becas para la realización de prácticas profesionales. BOE 16 de mayo 2019.

Para calquera información adicional, dirixirse ao buzón oficial becas2019@tourspain.es.