Bolsas de verán no Instituto de Astrofísica de Canarias

UVigo - Emprego 25/03/2020

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 10 bolsas de verán para a formación en desenvolvemento tecnolóxico asociado á investigación astrofísica.

Bolsas

  • Tres meses de duración das bolsas
  • Dotación de 700 € brutos mensuais
  • Unha axuda para gastos de viaxe
  • Seguro privado de enfermidade e accidente

Requisitos

Estudantes ou recén titulados/as de grao (curso 2018I2019 ou posterior) ou estudantes de máster universitario de enxeñarías (informática, mecánica, aeronáutica, electrónica, telecomunicación) ou de ciencias físicas.

Información e solicitudes

O IAC informa de que debido á emerxencia do COVID-19 e así como establece o RD 463/2020, se interrompe o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 7 de abril de 2020.

Máis información aquí.