Bolsas de verán no Instituto de Astrofísica de Canarias

Solicitudes ata o 18 de abril

UVigo - Emprego 13/04/2023

O Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) convoca 8 bolsas formativas para persoas tituladas recentemente nun grao (curso 2021-2022 ou posterior) ou estudantes de mestrado coa finalidade de dar formación no desenvolvemento tecnolóxico asociado á investigación astrofísica. 

Características

A duración será de tres meses, entre xullo e outubro de 2023.
A contía das bolsas será de 700 euros brutos mensuais máis unha cantidade de axuda para gastos de viaxe. Ademais, o IAC proporcionaralles ás persoas beneficiarias un seguro privado de accidente.

Titulacións requiridas

  • Proxectos A, B, C, D, E, G, H: enxeñerías (Electrónica, Telecomunicación, Industrial, Aeronáutica, Informática, Mecánica, Automática ou Control e Ciencias Físicas),
  • Proxecto F: exclusivamente estudantes de Mestrado en tecnoloxías ópticas.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 18 de abril de 2023.
Máis información aquí.