Bolsas Vodafone yu Talent

UVigo - Emprego 08/02/2022

Vodafone, desde a páxina web da Fundación Universidad-Empresa (FUE), pon en marcha unha nova edición das bolsas Vodafone yu Talent, unha oportunidade de mostrar o teu talento dixital.

As bolsas van dirixidas ao estudantado de último curso de grao ou de mestrado relacionados cos seguintes ámbitos: enxeñaría, informática, matemáticas, márketing, ADE, economía ou dereito. Búscanse persoas ás que lles guste o dixital e que teñan interese en desenvolver a súa carreira profesional nunha compañía líder en telecomunicacións.

As prácticas son de cinco horas diarias e comezarán en maio.

Durante a estadía, o estudantado seleccionado estará acompañado e guiado por persoas expertas e xestoras de Vodafone.

Máis información e inscrición aquí.