Bolsas Wonnow para alumnas de graos STEM

UVigo - Emprego 09/03/2023

CaixaBank e Microsoft Ibérica convocan a sexta edición dos Premios WONNOW dirixidos a mulleres estudantes de graos de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas co obxectivo de fomentar a igualdade de xénero e de premiar a excelencia académica, profesional personal e social das estudantes de graos STEM. 

Premios

  • Unha dotación económica de 10.000 € á alumna con mellor expediente académico, traxectoria persoal, profesional e social.
  • 15 bolsas remuneradas para traballar durante seis meses en Caixabank. 
  • Un acceso a un programa de mentorado de Microsoft.

Requisitos

Ser alumna dun grao STEM dunha universidade española e ter superados 180 créditos.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de xuño de 2023

Máis información aquí.