Contrato temporal na Fundación CETMAR como Enxeñeiro/a Técnico/a para o Proxecto RADAR ON RAIA
A Fundación CETMAR realiza a convocatoria dun proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha Enxeñeiro/a Técnico/a para o Proxecto RADAR ON RAIA. A persoa contratada prestará apoio ás tarefas técnicas e administrativas do devandito proxecto.
Requisitos
- Titulación de Enxeñería Técnica Industrial ou Grao en Enxeñería Industrial
- Puntuaranse os servizos prestados en postos e actividades equiparables ou relacionadas co perfil da praza
- Permiso de conducir
- Dispoñibilidade de embarque (non é preciso enrolarse)
- Acreditación de coñecemento do idioma galego con Celga 4 ou equivalente (no caso de non acreditarse, realizarase unha proba específica consistente na tradución dun texto de galego ao castelán e outro de castelán ao galego)
Onde e cando?
- A duración prevista do contrato é de 18 meses
- A xornada de traballo será a tempo completo
- O lugar de traballo é Vigo, na sede de Cetmar
Dotación econónmica
- O salario bruto anual será de 22 017,70€
Inscrición e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 14 de xullo de 2020.
Máis información aquí.