Contrato temporal para impartir o certificado de profesionalidade de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos no Concello de Ribadeo
O Concello de Ribadeo convoca un posto por contratación temporal de tres meses de duración a xornada completa dunha persoa monitora para o certificado de profesionalidade de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos (IMSV0209)
Requisitos
- Contar cunha titulación universitaria ou ciclo superior da familia profesional de Imaxe e Son ou un certificado de profesionalidade nivel 3 da área de Produción Audiovisual da familia profesional de Imaxe e Son.
- Ter unha experiencia laboral mínima de 12 meses no eido das unidades de competencia da cualificación profesional de referencia.
- Posuír competencia docente (CAP, mestrado formación profesorado, certificado de profesionalidade de formador ocupacional ou certificado de profesionalidade de docencia da formación profesional para o emprego).
- Carné de conducir B.
Información e solicitudes
As solicitudes poderanse presentar directamente a través do rexistro do Concello de Ribadeo ou a través da sede electrónica da entidade www.ribadeo.gal. Se a documentación se presentase a través do rexistro doutra administración deberá comunicarse ao concello por fax, correo electrónico ou por escrito para os efectos de poder coñecer esta presentación.
O prazo de presentación de solicitudes remata as 14 horas do día 22 de marzo de 2023.
As bases están publicadas na sede electrónica do Concello de Ribadeo.