Convocatoria de contratación de persoal de ITMATI (OT-01/2020)

UVigo - Emprego 06/02/2020

Referencia da oferta

ITMATI-OT-01/2020

Descrición do posto

Desenvolvemento de algoritmos relacionados con estatística, optimización e intelixencia artificial, no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da loita contra incendios forestais.

Requisitos

Grao, Licenciatura, Mestrado ou Doutoramento en Matemáticas, Estatística, Computación ou Enxeñaría.

Valorarase

  • Experiencia previa en modelización estatística relacionada coa temática do proxecto.
  • Experiencia previa en análise e programación de algoritmos matemáticos.
  • Linguaxe de programación R e Python.
  • Coñecementos de bases de datos.
  • Coñecementos en GIS, particularmente QGIS.
  • Coñecementos do idioma inglés.

Condicións do posto

  • Retribución bruta mensual de entre 1650 e 1810 € en 12 pagas, en función dos méritos e a experiencia da candidatura.
  • Incorporación inmediata e duración prevista de fin de obra: 31 de xullo de 2020.
  • Xornada laboral a tempo completa.
  • Localidade de traballo: Santiago de Compostela. 

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 13 de febreiro de 2020 ás 23:59 horas. 

Máis información aquí.