Convocatoria para cubrir con persoal fixo catro prazas de persoal empregado investigador no CITMAga

UVigo - Emprego 29/12/2022

CITMAga convoca probas selectivas para cubrir con persoal fixo, polo sistema de concurso, as prazas de persoal empregado investigador do marco de estabilización de emprego temporal.

3 postos de técnico/a superior de xestión

Funcións

  • Prestar apoio e soporte técnico na xestión ordinario e administración do CITMAga para o desenvolvemento da súa axenda científica e a consolidación da súa estrutura.
  • Apoio na Xestión de proxectos, contratos e convenios de investigación e transferencia: elaboración de memorias científico-técnicas, apoio na Xestión económica, organización de reunión e execución de actividades relacionadas.
  • Busca de novas fontes de financiación: identificación e estudo de convocatorias, elaboración e presentación de solicitudes de proxectos.
  • Apoio na xestión de actividades de internacionalización, difusión, divulgación e transferencia dos resultados da investigación.

1 posto de técnico/a superior de investigación

Funcións

  • Desenvolvemento de software relacionado coa actividade investigadora e de transferencia de resultados do CITMAga para o desenvolvemento da súa axenda cientrífica.
  • Instalación, xestión e mantemento do equipamento informático do centro para o desenvolvemento das actividades de investigación e transferencia.

Requisitos

  • Titulación universitaria
  • Celga 4
  • Méritos xerais
    • Servizos prestados na mesma praza obxecto de convocatoria no CITMAga ou no ITMATI (0,6 puntos por mes traballado)
    • Experiencia profesional acreditada no CITMAga ou ITMATI en distintas prazas e na mesma categoría ou equivalente (0,2 puntos por mes traballado)
    • Experiencia profesional acreditada en calquera outra administración pública na mesma categoría ou equivalente (0,2 puntos por mes traballado)
  • Formación relacionada coa praza (ata 9 puntos)

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: 20 dias naturais dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOGA. A convocatoria foi publicada o 27/12/2022.

Máis información aquí.