Convocatoria de prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos no estranxeiro

Solicitudes ata o 14 de abril

UVigo - Emprego 26/03/2023

O Ministerio de Educación convoca 134 prazas de profesorado en seccións bilingües de español en Centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2023-2024.

Dotación

  • Cada axuda dotarase cunha contía máxima de 13 176 euros por curso académico, excepto para as persoas destinadas a Rusia, que recibirán 17 580 euros.
  • Unha axuda de gastos de viaxe de ida e volta de 1000 euros, salvo no caso de China, que será de 1300 euros.

Requisitos

  • Titulación de Grao/Licenciatura en diferentes materias conforme ao requirido en cada país.
  • Posuír titulación de Mestrado en Profesorado, CAP ou equivalente.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes ata o 14 de abril de 2023.
Máis información aquí.