Curso e-Destrezas de fundamentos de análise e tratamento de datos con Excel

UVigo - Emprego 27/10/2020
  • Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria
  • Este curso ten unha duración de 30 horas lectivas, 24 horas serán de docencia síncrona a través de Campus Remoto
  • Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas
  • O curso impartirase os venres, do 13 de novembro ao 18 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas, a través de Campus Remoto

Programa

  • Operacións básicas, formatos, funcións básicas de Excel.
  • Funcións avanzadas de Excel.
  • Auditoría de fórmulas, control de erros.
  • Gráficos
  • Vistas e impresión
  • Táboas de datos, introdución ás táboas e gráficos dinámicos
  • Análises de sensibilidades
  • Introdución á análise de datos en Excel
  • Introdución ás macros en Excel
  • Vinculación de Microsoft Excel con outras ferramentas de Microsoft Office

Información e inscrición

Prazo de inscrición: ata o 9 de novembro, prazas limitadas.

Máis información e inscrición aquí.