Curso e-Destrezas de iniciación ao desenvolvemento de páxinas web con Wordpress

UVigo - Emprego 28/09/2020

Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria. Este curso ten unha duración de 20 horas lectivas de docencia síncrona a través de Campus Remoto.

Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.

O curso impartirase os xoves, do 15 de outubro ao 12 de novembro de 2020, de 15.30 a 19.30 horas, a través de Campus Remoto.

Programa

  • Introdución e configuración básica de Wordpress: descarga e instalación inicial, opcións de dominios e aloxamentos, entorno de administración
  • Configuración de opcións xerais, ferramentas, permisos e axustes
  • Estrutura base do sistema: o editor de Wordpress 5.0: Gutenberg, entradas, páxinas, medios, tipos de entradas personalizadas, widgets, menús e temas
  • Plugins e personalización avanzada: implementación de plugins habituais (contacto, redes sociais, mailing, integracións con outros sistemas, seguridade) 
  • Personalización avanzada mediante o editor de Wordpress 
  • Funcións avanzadas. Instalación e configuración de Woocommerce, o plugin de comercio electrónico por excelencia de Wordpress 
  • Parámetros, adaptación a temas, formas de pago e envío, funcionalidades avanzadas, exemplos
  • Exercicios prácticos e repaso xeral do curso: desenvovemento de exercicios prácticos dos contidos impartidos durante o curso e resolución de dúbidas

Información e inscrición

Prazo de inscrición: ata o 9 de outubro, prazas limitadas.

Máis información e inscrición aquí.