Curso e-Destrezas de introdución a Raspberry Pi: de centro multimedia a domótica persoal

UVigo - Emprego 03/11/2020
  • Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria dentro do programa e-Destrezas dirixida a toda a comunidade universitaria
  • Este curso ten unha duración de 8 horas lectivas de docencia síncrona a través de Campus Remoto
  • Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas
  • O curso impartirase os venres 20 e 27 de novembro, de 10.00 a 14.00 horas, a través de Campus Remoto

Programa

  • Introdución a Raspberry Pi
  • Historia de Raspberry
  • Descrición da placa
  • Competidores
  • Sistemas operativos: Linux e Windows sobre Raspberry Pi
  • Caso de uso: Raspberry como media center
  • Caso de uso: Raspberry como ordenador persoal
  • Caso de uso: sistema de alarma caseiro
  • Caso de uso: simulador de presenza

Información e inscrición

Prazo de inscrición: ata o 16 de novembro, prazas limitadas.

Máis información e inscrición aquí.