Curso de iniciación práctica á impresión 3D no campus de Vigo
Formación gratuíta organizada pola Sección de Extensión Universitaria da Uvigo dentro do programa eDestrezas dirixida á comunidade universitaria.
Contidos
- Coñementos para deseñar e fabricar pezas orixinais en 3D
- Montar unha impresora 3D desde cero e recoñocer os elementos que a compoñen
- Identificar os problemas habituais de funcionamento e como corrixilos
Recoñecemento de créditos
Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85% das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas.
Cando e onde?
- O curso impartirase do 26 de marzo ao 14 de maio
- Na sala IV do Edificio Miralles do campus de Vigo
- Os xoves en horario de 15.30 a 20.30 h
Información e solicitudes
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 24 de febreiro ata o 24 de marzo de 2020.
Máis información aquí.