Encontro “Enerxía-Emprendemento e sostibilidade” no Espazo Xove de Tui

UVigo - Emprego 19/11/2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), organiza no Espazo Xove de Tui o encontro “Enerxía-Emprendemento e sostibilidade”, un encontro sectorial a pequena escala, onde os mozos e mozas de Galicia e Portugal de 18 a 30 anos de idade e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades no eido das enerxías renovables.

Obxectivos

  • Dar a coñecer exemplos de emprendedores na comarca no sector da enerxía.
  • Achegar o tecido empresarial do Baixo Miño á área de influencia do Baixo Miño.
  • Reflexionar sobre o futuro da enerxía como un sector potencial para a xuventude.

Data e lugar

  • Venres 22 de novembro de 2019 de 9.30 h a 10.30 h.

Lugar

  • Espazo Xove de Tui, rúa de Sanz, 28, Tui.

Máis información aquí.