Para o estudantado, o PAS e o PDI

I Concurso de fotografía 'Que significa a UVigo para min?'

Ata o 27 de novembro

UVigo - Emprego 16/11/2020

A Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria convoca a primeira edición do concurso de fotografía 'Que significa a UVigo para min?'

Datos do concurso

  • Tema: visión que os distintos colectivos da universidade teñen do seu paso por esta institución
  • Participantes: membros da comunidade universitaria (estudantes, PDI e PAS), así como persoas tituladas pola Universidade de Vigo
  • Categorías: estudantes, PDI, PAS e persoas tituladas
  • Resolución: o ditame do xurado será emitido o 2 de decembro de 2020 e a entrega de premios terá lugar a primeira quincena do devandito mes

Premios

  • Fotografía gañadora: publicación da fotografía na web Alumni-UVigo e abono de participación nunha das actividades do programa de Augaventura da Universidade de Vigo, a escoller entre rafting, ruta e visita guiada en kayak, ou curso de surf
  • Accésit: suadoiro da Universidade de Vigo
  • Cada participante recibirá un agasallo.

Información e participación

Prazo de presentación: ata o 27 de novembro de 2020 ás 13.59 h.

As fotografías poden presentarse a través do formulario de participación.

Bases de participación e máis información aquí.